A Confraría das Angustias informa de que o próximo día 11 de decembro, domingo, presentará a imaxe restaurada do Nazareno. Será despois da misa das doce, que nesa ocasión especial oficiará o bispo da Diocese, Monseñor García Cadiñanos.
A imaxe do Nazareno foi esculpida por Florencio Severo Gambino en 1790 e saíu por primeira vez de procesión na Semana Santa de 1953 sobre unha peana portada por Infantes de Mariña. En 1954 estreou o trono actual, o de estilo máis “andaluz” da Semana Santa de Ferrol, realizado por Guillermo Feal.
O estudo de restauración Parteluz, que tamén se ocupou anteriormente da restauración do Cristo da Agonía, ocupouse dos traballos de recuperación do Nazareno, reparando algunhas partes que estaban danadas e limpando as partes expostas, rostro, pés e mans.