Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A A.M. Virxe do Carme organiza o seu tradicional concerto de Santa Icía

A Agrupación Musical Virgen del Carmen organiza un ano máis o seu concerto en honor de Santa Icía, a patroa da música. Será o día 12 de novembro na igrexa do Carmen, ás 20.30 horas, e contará coa participación da formación anfitrioa e da rondalla ferrolá Añoranzas. Segundo informa a formación, a veterá compoñente da agrupación Andrea Seoane foi elixida polos seus compañeiros e compañeiras para actuar no evento como estandarte dos “mariñeiros da fe” e dicir unhas palabras. Ademais, o vicepresidente da Xunta de Confrarías, Fernando Iguacel, presentará o acto.

Síguenos

Comparte