Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Presentación e beizón do novo manto da Virxe da Amargura

A Confraría de Dores celebrará o vindeiro sábado 4 de marzo a presentación e bendición do novo manto da Virxe da Amargura. O acto terá lugar ás 20.00 horas na concatedral de San Julián.

Trátase da culminación dun proceso que comezou en 2019, cando dous confrades doaron á Virxe da Amargura a peza de veludo morado, adornada cun encaixe dourado no remate. A continuación, un grupo de confrades, na súa maioría do Terzo da Amargura, puxo todo o seu empeño en enriquecer a devandita peza. Conseguírono, en efecto, contando para iso coa mestría do bordador sevillano Enrique Carrascal. Na procesión do Luns Santo de 2022 estreouse unha primeira fase do traballo, co motivo central das costas, e na próxima Semana Santa verase o resultado final, cos laterais da peza xa bordados tamén.

O novo manto estrearase o vindeiro luns Santo, no ano no que se cumpre o 30 aniversario do Terzo da Amargura e será sen dúbida una das novidades máis destacadas da próxima Semana Santa de Ferrol.