O Liceo Europeo das Artes organiza a terceira edición do concurso de beléns “Alfredo Martín” en memoria do autor do Nacemento da Orde Terceira, que un ano máis abrirá as súas portas ao público na traseira da capela terciaria o próximo 29 de novembro.
O certame conta este ano coas colaboracións do Concello de Ferrol, a Autoridade Portuaria e a Asociación de Veciños de Ferrol Vello. Terá dúas categorías, a de beléns familiares ou domésticos e a de asociacións, colectivos ou escaparates.
Para participar é necesario inscribirse antes do 12 de decembro, chamando por teléfono ao número 620 599 403 ou ben enviando un Whatsapp ao 605 619 357. O xurado percorrerá as montaxes participantes entre os días 21 e 23 de decembro e decidirá tres premios para cada categoría, que se entregarán o día 28 de decembro, ás 12.00h, no Belén da Orde Terceira.