Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Septenario en honor de María Santísima dos Dolores a partir do día 25

A Confraría de Dores programou o seu tradicional Septenario en honra de María Santísima das Dores para partir do próximo día 25 de marzo.

Os cultos serán na concatedral de San Julián, todosw os días ás 19.00 horas salvo o domingo 26, en que comezarán ás 20.00 horas.

O úlitmo día, o 31 de marzo, o culto estará acompañado polo Coro Diapasón e ao terminar sairá unha procesión. O percorrido irá por Irmandiños, rúa A Coruña, Magdalena, Terra, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, rúa Coruña e retirada por Irmandiños.