Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Septenario na honra da Santísima Virxe de Dolores, do 21 ao 27 de marzo

A Confraría de Dolores colgou xa o cartel do seu Solemne Septenario na honra da Santísima Virxe de Dolores, que se desenvolverá do 21 ao 27 de marzo e que terminará, de novo no chamado “Venres de Dolores”, cunha procesión da sacra titular da irmandade polas rúas contiguas á praza de Amboage. Durante os sete días celebrarase na igrexa de Dolores, sempre ás 19.00h, o rezo do septenario e unha misa.

O primeiro día, 21 de marzo, durante a Eucaristía celebrarase a Cerimonia de Compromiso e Imposición de Medallas a novos confrades.