Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A rondalla Añoranzas pechará a presentación do procesionario e da Ecce Homo este venres

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades presentará este venres, día 13 de marzo, o procesionario da Semana Santa de Ferrol 2026 e un novo número da revista Ecce Homo. O acto celebrarase na capela do Torrente Ballester, a partir das 19.00h, e terá un broche musical que desta volta, como xesto do apoio da Xunta de Confrarías ao obxectivo de conseguir a declaración da Festa das Pepitas como de Interese Turístico Internacional, poñerá a rondalla Añoranzas.

Da imprenta da Deputación provincial da Coruña saíron este ano 15.000 exemplares do procesionario e 5.000 da revista, xunto a 300 carteis. Como é habitual, repartiranse ao público que asista ao acto de presentación e posteriormente distribuiranse a través das oficinas de turismo da cidade, o Museo da Semana Santa e o local da Xunta de Confrarías.

Con este acto, a Xunta de Confrarías pecha o calendario de convocatorias habituais no preámbulo de cada Semana Santa, despois de celebrar xa a presentación do cartel, o Vía Crucis e a lectura do pregón.