Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Segunda edición do “Memorial Patxi e Tenreiro” da agrupación do Santísimo Cristo da Boa Morte

A Agrupación Musical do Santísimo Cristo da Boa Morte celebrará este sábado, 2 de marzo, a segunda edición do “Memorial Patxi e Tenreiro” en recordo dos seus dous compañeiros Óscar Javier Santiago Mosquera (máis coñecido como Patxi) e Alejandro Tenreiro. A cita será ás 17.30h na igrexa do Socorro.

No concerto participará tamén a Banda de Cornetas e Tambores do noso Pai Jesús Nazareno.