Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Recoñecemento da Asociación de Persoas Xordas á Xunta de Confrarías

A xunta directiva da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra decidiu conceder á Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol un recoñecemento “pola súa sensibilidade e apoio á comunidade xorda” con motivo da celebración do seu 50 aniversario.

O presidente da Xunta de Confrarías, César Carreño, estará o próximo 22 de outubro no CIS para participar no acto de conmemoración da entidade e agradecer o xesto da entidade. O acto, que comezará ás 11.00 horas, desenvolverase baixo o lema «Contigo sumamos».

César Carreño expresou a gratitude da Xunta de Confrarías por este recoñecemento e subliñou que a Semana Santa de Ferrol sempre tamén que a comunidade xorda «sempre suma». Por iso, desde hai anos, cóntase con intérprete de lingua de signos nos actos públicos organizados pola Xunta, como poden ser a presentación da revista Ecce Homo ou a lectura do pregón.

Síguenos

Comparte