Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Últimos días para presentar obras ao concurso do cartel da Semana Santa 2023

O próximo día 31 de outubro termina o prazo de presentación de obras para o concurso convocado pola Confraría da Mercé para a elección da imaxe que ilustrará o cartel da Semana Santa de Ferrol 2023. Dado que o local da irmandade abre os martes pola tarde, as persoas interesadas en presentar traballos nestes últimos días deberán escribir un mail a coframercedferrol@gmail.com para concertar a entrega.

Tal como lembrabamos no último número do boletín PaixónxFerrol, a Confraría da Mercé protagonizou por última vez en 2017 o cartel da Semana Santa de Ferrol, cunha imaxe da nosa Señora dos Cativos realizada por Roberto Marín.

Lembrámosvos as BASES do concurso.

 

A Confraría da nosa Señora da Mercé e do Santísimo Cristo Redentor de Ferrol convoca o concurso polo que se elixirá o cartel anunciador da Semana Santa de Ferrol 2023. O concurso axustarase ás seguintes bases:

1.-Tema

As obras versarán sobre a Confraría da Mercé en Semana Santa, podendo reflectir calquera aspecto da mesma: tronos, imaxes, actos, insignias…

2.- Participantes

Poderán participar todas as persoas que o desexen, profesionais ou afeccionados, de calquera nacionalidade e que superen os 14 anos de idade.

3.- Formato das obras

O autor poderá presentar calquera tipo de obra que poida ser reproducible nun cartel. Seran admitidas obras pictóricas, fotográficas ou calquera outra expresión plástica que poida ser fielmente levada a un cartel para a súa impresión.

Impresión: resolucion mínima de 300 pp a tamaño impresión 50x70cm.

Aceptaranse obras de composición vertical ou horizontal.

Cada autor poderá presentar un máximo de cinco obras.

Non poderán presentarse obras cuxos dereitos de propiedade intelectual non pertenzan integramente e sen excepción ao propio participante no concurso. Será responsabilidade dos autores calquera reclamación que poida producirse en relación coa autoría dos traballos e o seu posible plaxio.

As obras deberán ser orixinais e inéditas, non facendo siso premiadas noutros certames ou concursos.

4.- Modo de presentación das obras

A presentación ao concurso variará segundo o tipo de obra.

Obras pictóricas: presentaranse en soporte físico cunhas medidas comprendidas entre un mínimo de 29,7x42cm e un máximo de 70x100cm. Además deberá acompañarse dun CD que conteña a obra en soporte dixital coa máxima calidade posible en formatos JPG ou TIFF.

Outras obras: Presentaranse en soporte físico (papel fotográfico, nunca montada sobre cartón pluma) cunhas medidas comprendidas entre un mínimo de 20x30cm e un máximo de 30x45cm. Ademais, deberá acompañarse dun CD que conteña a obra en soporte dixital coa máxima calidade posible en formatos JPG ou TIFF.

Para todos os tipos de obras: Entregaranse coidadosamente envoltas e sen asinar, cun lema no reverso. En caso de presentación de máis dunha obra polo mesmo autor, estas nomearanse con varios lemas distintos. Virán acompañadas dun sobre pechado onde figurará unicamente o lema e no interior os datos persoais do autor (nome completo, fotocopia do DNI, número de teleéfono, correo electrónico e dirección postal) así como nota explicativa da técnica empregada para a realización do traballo.

5.- Plazos de presentación

O prazo de presentación das obras comezará o 1 de outubro e finalizará o 31 de outubro, ambos inclusive.

Os traballos poderán presentarse no local da Confraría os martes, de 18.30 a 20.00h ou ben concertar outro momento para entregalos escribindo a coframercedferrol@gmail.com.

O resultado será inapelable, podéndose declarar deserto o premio se, a xuízo do xurado, a calidade dos traballos non alcanza o nivel mínimo esixible ou considera que non son os máis adecuados para o fin que se destina o premiado.

7.- Premio

A obra gañadora do concurso ilustrará o cartel, a revista e o procesionario da Semana Santa 2023, recibindo ademais o seu autor un diploma acreditativo.

8.- Dereitos

As obras presentadas pasarán a ser propiedade da Confraría da Mercé, reservándose os dereitos de reprodución e utilización, pero sempre facendo mención do autor da obra.

9.- Datos persoais

En cumprimento da normativa estatal vixente en materia de protección de datos, os datos de carácter persoal que faciliten os concursantes integraranse nun ficheiro de datos informatizado e poderán ser utilizados para a difusión dos acordos e actividades propios desta institución. Os interesados poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais nos termos que a normativa establece. Se desexa exercer o seu dereito de acceso, rectificación e/o cancelación, deberá dirixirse por escrito, ben por correo postal ou e-mail, á secretaría da Confraría.

10.- Disposición adicional.

A presentación de traballos ao concurso implica a aceptación das anteriores bases en todos os seus termos.