Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Queres participar na Semana Santa de Ferrol 2025?

Queres participar na Semana Santa de Ferrol 2025? As cinco confrarías penitenciais da cidade teñen abertas as portas todo o ano, aínda que nestes meses anteriores á celebración da Semana de Paixón amplían o horario de atención ao público nos seus locais, para que quen o desexe poida acudir a tramitar novas altas, pagar cotas, recoller hábitos…

Concretamos a continuación a dirección e o horario de cada irmandade, incluíndo o link á web de cada unha, para as persoas interesadas.

CONFRARÍA DE DOLORES

📍​Casa de Irmandade está en C/ Magdalena, 199, baixo.

​⏰Martes e xoves de 18.30 a 20.00h. e sábados de 11.30 a 13.00h.

​🌐​ https://www.cofradiadedolores.org/

CONFRARÍA DA MERCÉ

📍​C/ María 179, baixo.

​⏰Martes e xoves, de 18.00 a 20.00h.

🌐​ https://www.cofradiamerced.es/

CONFRARÍA DAS ANGUSTIAS

📍​Local situado no lateral da capela.

​⏰Martes e xoves de 18.30 a 20.30h.

🌐​ https://cofradiadelasangustias.com/

CONFRARÍA DA SOIDADE

📍​C/ Espartero 13, baixo.

​⏰De luns a venres, de 18.00 a 20.30h

🌐 ​https://cofradiasoledadferrol.com/

IRMANDADE DO SANTO ENTERRO

📍Concatedral de San Julián (entrada polo lateral da rúa de la Iglesia)

​⏰Contacto chamando ou enviando Whatsapp ao número 650 50 22 79

🌐​ https://santoentierroferrol.org/