Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Certame Sones Mariñeiros, o vindeiro 6 de marzo no Auditorio

A Agrupación Musical Nosa Señora do Carme celebrará o próximo día 6 de marzo, ás 20.30h no Auditorio de Ferrol, a novena edición do seu certame “Sones Mariñeiros”.

Nesta ocasión, a formación ferrolá compartirá escenario coa Unidade de Música do Terzo Norte e coa Banda da Brigada “Galicia” VII, da Brilat de Pontevedra.

Os “mariñeiros da fe”, como a eles mesmos gústalles denominarse, agradecen a todos os patrocinadores o seu apoio, así como ao Concello de Ferrol, en especial a do concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far. Igualmente, expresan o seu agradecemento ás dúas formacións militares que tomarán parte no evento. O evento será presentado polo xornalista Ramón Castro, de Onda Cero Santiago.

A entrada será gratuíta, previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Jofre.