Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Presentación da revista Ecce Homoe doi procesionario da Semana Santa de Ferrol 2023

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades de Ferrol celebrará o vindeiro sábado, ás 12.00 horas no Casino Ferrolán, a presentación dunha nova edición da revista Ecce Homo e o procesionario da Semana Santa 2023, que se desenvolverá entre o 2 e o 9 de abril. Tal como sucedeu coa presentación do cartel e o Certame de Bandas “Cidade de Ferrol”, a Xunta de Confrarías retransmitirá este acto por streaming a través da súa canle de Youtube.

A revista Ecce Homo conta este ano con colaboracións de César Carreño, José Ramón Cancelo, Fernando Dopico Blanco, Mariña Loureiro, Luís García Cortizas, Lucía Brage Martínez, Felipe Cotovad, Pepe Perales e Titi Perales. Chega á súa edición número 21, despois de que se publicase ininterrompidamente desde 2001 coa única excepción de 2021 pola pandemia.

Como é habitual, no acto de presentación entregaranse exemplares da revista e do procesionario aos presentes. A partir do sábado repartiranse, sempre gratuitamente, polas oficinas de turismo da cidade, o Concello, hoteis e establecementos colaboradores da Semana Santa. Publicáronse na Imprenta Provincial 5.000 exemplares da revista e 17.000 procesionarios, así como 1.000 carteis.

Neste enlace están as edicións anteriores da revista dispoñibles para a súa descarga: https://semanasantaferrol.com/revista-ecce-homo/. A partir do sábado estará tamén en versión dixital a edición deste ano.