A Xunta de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol pon en marcha a súa canle oficial en Whatsapp, aproveitando a nova funcionalidade que puxo en marcha recentemente a popular aplicación de mensaxería instantánea. As listas de distribución de Whatsapp, que funcionaron con grande éxito desde fai un par de anos, seguirán en marcha de momento para garantir que todas as persoas interesadas seguen recibindo as nosas notificacións.
Que cambia? Nas anteriores listas de distribución era necesario gardar entre os contactos un número de teléfono e enviar a palabra “alta”, para que a Xunta de Confrarías incluíse ese número nunha lista de distribución. Coas novas canles simplifícase a conexión: só é necesario picar nunha ligazón e a continuación picar o botón de “seguir” a canle.
A continuación, como sucede con calquera grupo ou contacto, pódense activar as notificacións para que nos salte na aplicación o aviso de cada nova actualización.
Aquí está a ligazón da canle. Recomendámosvos entrar desde o teléfono: https://whatsapp.com/channel/0029VaIa5w0HwXb8UUh2IA2g