A asociación cultural confrade Baixo o teu Banzo anuncia que o Sábado de Paixón, día 1 de abril, os Cantores de Híspalis traerán ao Auditorio de Ferrol o seu espectáculo “El Mesías”. A entidade promoveu a función, que se integra dentro da programación cultural do Concello de Ferrol.
“El Mesías” é unha obra con textos baseados nos Evanxeos Canónicos segundo Marcos, Mateo, Lucas e Juan, que a formación define como un oratorio onde se narra de forma musical e literaria a anunciación, a vida, paixón, morte, resurrección e ascensión de Xesucristo ao Reino dos Ceos. O espectáculo dura dúas horas, nas que os Cantores de Híspalis están acompañados de 10 músicos de base e dez músicos sinfónicos, e conta cunha coidada escenografía.
Máis información: https://www.espectaculoelmesias.es/