Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

O Grupo Xoven de Dolores abrirá o seu Belén o próximo día 10

O Grupo Xoven da Confraría de Dolores organiza un ano máis o seu Belén, que abrirá ao público o próximo día 10. Nesta ocasión, á montaxe ocupará o baixo situado no número 75 da rúa Dolores (onde estaba a cafetería Ágora).

O acto de inauguración será o día 10 ás 18.00 horas, e o horario de visitas será, ata o 5 de xaneiro, de 18.00 a 20.30h.

Como é habitual, o Belén terá un cariz solidario. No local recolleranse xoguetes para entregar á campaña que realiza a OJE e tamén roupa de abrigo que se entregará ao refuxio Pardo de Atín.