Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

O cartel da Semana Santa 2023 presentarase o 14 no Casino

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol presentará o cartel de 2023 nun acto previsto para o vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás doce do mediodía no Casino. Un ano máis, o cartel promocional darase a coñecer na cidade antes da súa presentación en Fitur, a feira internacional de turismo que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro e na que a Paxión ferrolá, evento recoñecido como de interese internacional, sempre ten o seu espazo.

O cartel da Semana Santa de Ferrol 2023 está protagonizado por unha fotografía de Alejandra Varela, na que aparece o arco de campá do trono mercedario do Redentor, coa man do mordomo e o seu martelo a piques de golpear para marcar o paso. A Confraría da Mercé seleccionou a instantánea no certame convocado para tal fin, entre as once obras que se presentaron.

No acto de presentación do cartel intervirán a autora da fotografía, Alejandra Varela, e a irmá maior da Confraría da Mercé, Helena Pena Villasuso, así como o presidente da Xunta de Confrarías, César Carreño, e outras autoridades.

A presentación contará, como é habitual nos actos da Xunta de Confrarías, con intérprete de lingua de signos. Ademais, inauguraranse neste acto as retransmisións en directo deste ano. Quen non acudan ao acto poderán seguilo a través deste link https://youtu.be/M62mhV8BY-w ou a través da páxina de Facebook da Xunta de Confrarías (https://www.facebook.com/juntageneraldecofradias).