Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Xunta de Confrarías presenta en Fitur o novo vídeo promocional da Semana Santa de Ferrol

A Xunta de Confrarías e Irmandades presentará mañá en Fitur a Semana Santa de Ferrol 2023 co seu cartel protagonizado este ano pola Confraría da Mercé e a estrea dun novo vídeo promocional. O presidente e o secretario da entidade, César Carreño e Fernando Iguacel, viaxarán a Madrid para intervir no acto organizado polo Concello de Ferrol dentro da caseta de Turgalicia.

A cita é ás catro da tarde e na mesma proxectarase o cartel da Semana Santa de Ferrol 2023, que foi presentado na cidade o pasado sábado, e tamén un novo vídeo promocional que chega despois de dous anos sen estrea audiovisual, debido á suspensión das procesións pola pandemia.

Tras o acto remitirase aos medios unha nota de prensa e algunhas imaxes do mesmo. Colgarase en Youtube e en redes sociais, ademais, o novo vídeo promocional.