Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Misas de difuntos das confrarías de Dolores e Mercé

A Confraría de Dolores organiza para o próximo día 9 de novembro, ás 19.00h, unha misa de réquiem na concatedral de San Julián en recordo dos seus irmáns defuntos.

O sacerdote Antonio Rodríguez Basanta oficiará a misa.

Pola súa banda, a Confraría da Mercé programou tamén unha misa polos irmáns e os seus familiares falecidos este ano. Será tamén este sábado día 9, ás 19.00h na capela mercedaria.