Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

La Xunta de cofradías recupera la procesión del Carmen

A Xunta Xeral de Confrarías recupera o próximo día 15 de xullo a antiga procesión da Virxe do Carmen que se celebraba na nosa cidade. A imaxe da Virxe sairá de novo portada a homes en andas desde a igrexa do Carmen, tras a misa e a bendición da imaxe que se celebrará ás oito da tarde. A procesión dará comezo ás 20.40 horas, percorrendo a praza de Armas e as rúas Terra, Real, Concepción Arenal e praza de Galicia para entrar despois no Arsenal Militar.

Os confrades interesados en portar teñen de prazo para anotarse ata o 10 de xullo, co fin de establecer as quendas correspondentes. A vestimenta será pantalón escuro e camisa branca.

Por outra banda, o día 16 terá lugar a procesión marítima, con saída ás 18.45 desde o Cuartel de Instrución cara ao peirao, onde embarcará a imaxe. A procesión sairá ás 19.15 e percorrerá a ría ata as 20.30, hora en que a Virxe desembarcará e será trasladada á igrexa do Socorro.

Síguenos

Comparte