Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Mercé realizará este sábado, ás 12.30h, o seu Ensaio Solidario

A Confraría da Mercé celebrará este sábado o seu tradicional Ensaio Solidario, co que reunirán moitos quilos de alimentos non perecedoiros con destino ao Bando de Alimentos Rías Altas. Os portadores da irmandade sairán da praza de Amboage cun trono baleiro e farán un percorrido que irá polas rúas Méndez Núñez, Real, Concepción Arenal, Dolores e praza de Amboage, ao longo do cal irán cargando doazóns.

Haberá puntos de recollida fixos na propia capela da Mercé e en Supercor, onde as persoas que o desexen poderán depositar as súas doazóns. Tamén ao longo do percorrido poderán entregarllas ás persoas que irán acompañando o paso que se ocuparán de cargalas.

A Confraría contará coa colaboración da banda Acotaga.