Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Confraría das Angustias abrirá ao público o seu Belén o día 5 na rúa do Carme

A Confraría das Angustias abrirá este ano ao público o seu Belén no número 21 da rúa do Carmen, na mazá situada entre as rúas Iglesia e Magdalena. A montaxe inaugurarase o vindeiro martes 5 de decembro, ás 18.00 horas, e permanecerá exposto ata o día 5 de xaneiro. O horario de visita será polas tardes, de 18.00 a 20.30 horas, de martes a domingos. Os luns permanecerá pechado, do mesmo xeito que os domingos 24 e 31.

Un ano máis, o Belén terá un carácter benéfico. Así, no local abrirase un “Escaparate Solidario” ao que as persoas que o desexen poderán levar alimentos non perecedoiros. Ademais de entregalos no local da rúa do Carmen, no horario de visita do Belén, quen o desexe tamén poderán deixar as súas achegas nas oficinas da irmandade, na traseira da capela de Esteiro, os martes e xoves de 18.30 a 20.30h. As doazóns terán como destino a Cociña Económica. Tal como se anunciou con anterioridade, o día 14 de decembro celebrarase na capela das Angustias un concerto do Nadal que tamén terá carácter benéfico a favor da Cociña Económica. Actuarán os coros Añoranzas e Dicindo Cantares.

Síguenos

Comparte