Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Confradía da Mercé celebrará o seu triduo do 21 ao 24

A Confraría da Mercé informa da celebración do triduo na honra da súa titular mariana, que este ano se desenvolverá do luns 21 ao mércores ao mércores 23, coa celebración da eucaristía e posterior procesión o 24, xoves, día da festividade da Mercé. Os actos terán lugar segundo o seguinte programa:

Do 21 ao 24 de setembro: Triduo en honra á nosa Señora da Mercé (19:00h)

21 de setembro: terá lugar a ofrenda floral á nosa Nai da Mercé.

22 de setembro: terá lugar o nomeamento do Confrade de Honra deste ano (19:00h)

23 de setembro: imposición das medallas da Orde Terceira Mercedaria. (19:00h)

24 de setembro: Celebración da eucaristía e posterior procesión. Co tradicional canto do Real Coro “Toxos e Froles” á nosa Nai da Mercé. Tamén terá lugar a presentación á nosa Nai da Mercé de todos aqueles nenos que o desexen, para iso hai que poñerse en contacto coa secretaría da Confraría (mandando unha mensaxe ao 622 88 32 32). (19:00h eucaristía 20:00h procesión)

Este ano, os confrades que así o desexen poderán repartir estampas da nosa Señora da Mercé,. A confraría encargarase da súa repartición de forma gratuíta entre os confrades.

 

OUTRAS ACTIVIDADES DO MES DA MERCÉ:

Domingo 13 de setembro: xincana no patio do colexio Tirso de Molina para os formandos que o desexen, organizada pola vogalía de Mocidade e o grupo xuvenil de Priostía de 17.30 a 18:30h.

Domingo 20 de setembro: Charla de formación e aperitivo de confraternización ás 12.30 (lugar pendente de confirmación).

Domingo 27 de setembro: Petisco de Confraternización no comedor do colexio Tirso de Molina. Haberá callos e bebidas a prezos populares desde as 12:30h. Ás 16:00h, Bingo Solidario.

A Confraría informa tamén de que a partir do día 8 de setembro estará aberto o prazo para a inscrición de novos confrades. Quen queira solicitar máis información pode facelo a través do 622 88 32 32 ou por correo electrónico (coframercedferrol@gmail.com).

Infórmase tamén do novo horario de apertura da confraría: Setembro: martes de 18.00 a 20.00

Rúa María 179-181 Baixo 15401 FERROL (A Coruña) 622 88 32 32 E-mail: coframercedferrol@gmail.com