Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Banda de Nosa Señora da Misericordia de Viveiro tocará no pregón da Semana Santa de Ferrol

A Banda de Música Nosa Señora da Misericordia de Viveiro encargarase do capítulo musical no acto de lectura do pregón da Semana Santa de Ferrol 2024. A Xunta de Confrarías e Irmandades puxo nas súas mans o pequeno recital co que adoita terminar esta importante cerimonia, que terá lugar o 16 de marzo no teatro Jofre, a oito días do Domingo de Ramos.

A formación convidada ao pregón da Paixón ferrolá de 2024 naceu no ano 2008 e en principio configurouse como unha banda de cornetas e tambores co seu típico repertorio de marchas procesionais. En 2015 deu un xiro, fixándose no son das bandas de vento-metal, e substituíu a corneta española pola francesa e engadiu trompas barítono en mi bemol, trombóns tenores, tubas, tambores e timbales, configurando unha instrumentación pouco frecuente en bandas do seu tamaño.

Trátase dunha banda que actuou en diferentes ocasións en Ferrol, entre outras na Semana Santa de 2023 acompañando a procesión do Ecce Homo, así como en varios certames e recitais, o máis recente o que organizou a Confraría da Soidade o pasado 12 de novembro, con carácter benéfico.