A Xunta de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol está xa inmersa no traballo de preparación da vindeira edición da Paixón ferrolá e ten fixado as datas importantes que marcan o seu preámbulo.
Así, o 13 de xaneiro terá lugar a presentación do cartel da Semana Santa de Ferrol 2024, que pouco despois, do 24 ao 28 do mesmo mes, viaxará a unha nova edición da feira internacional de turismo Fitur, en Madrid,
A xornada do 9 de marzo será outra data importante no preámbulo da próxima Semana Santa ferrolá. Ese día pola mañá celebrarase a presentación do procesionario e dunha nova edición da revista Ecce Homo. P
O 16 de marzo, o sábado anterior ao de Paixón, será o pregón no teatro Jofre. A Xunta de Confrarías anunciou tamén recentemente que ten confiado á xornalista Marta Corral o papel de pregoeira.