O Cristo da Tahona, de orixe incerta, era o probable remate dun cruceiro de época medieval, posiblemente ligado dalgunha maneira ao antigo convento de San Francisco. Tamén coñecido como o “Cruceiro de Canido”, barrio ao que historicamente está unido porque permaneceu durante décadas, ata 1987, incrustado na fachada dunha casa na Praza da Tahona da que lle quedou o nome. O Concello de Ferrol recuperouno para o patrimonio municipal no ano 2002.
Trátase dunha antiga escultura de granito, con forma de cruz latina, sección cuadrangular, arestas biseladas, cos seus extremos rematados coa forma da flor de lis. No frontal aparece a representación de Jesús no Monte Calvario, acompañado polas Santas Mujeres á súa dereita e por San Juan Evanxelista á esquerda, e no reverso, distínguese o monograma coas siglas JHS (Jesús Home Salvador), o que indica que foi un cruceiro feito para ser visto polos dous lados.
© 2022 | Todos os deritos reservados | Deseño web srlence.com