Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Concello de Ferrol e Xunta de Confrarías asinan o novo convenio de colaboración

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e o presidente da Xunta de Confrarías e Irmandades, Fernando Iguacel Selle, asinaron esta mañá o convenio de colaboración a través do cal a administración municipal colabora no financiamento do evento, o único de Interese Turístico Internacional da cidade. Este ano increméntase a colaboración ata os 55.000€.

Iguacel Sele agradeceu a colaboración do Concello e o compromiso do alcalde coa Semana Santa, e expresou o seu desexo de que todos vivamos esta Paixón “do xeito máis intenso posible, partindo de que é un feito relixioso, pero tamén é un feito turístico, cultural e económico para a cidade”. Segundo asegurou, unha vez que “alguén vén á Semana Santa de Ferrol, sempre repite”.

José Manuel Rey Varela, pola súa banda, asegurou que “Ferrol está preparado para vivir a súa semana máis grande; a Semana Santa é especial para todos os ferroláns e vai selo para as miles de persoas que nos van a visitar. Imos acoller a todos e imos demostrar que somos unha cidade hospitalaria, que crece coa súa Semana Santa”.