Por cuarto ano consecutivo, a Confraría das Angustias convoca o seu concurso de debuxo infantil. A obra gañadora ilustrará a felicitación de Pascua da irmandade. O prazo de presentación está aberto ata o día 2 de abril, Xoves Santo.
Aquí están as bases:
IV CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL – SEMANA SANTA 2026
A PRI Confraría da nosa Señora das Angustias convoca unha nova edición do seu concurso de debuxo infantil con motivo da Semana Santa 2026.
REQUISITOS:
-Poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre 4 e 16 anos.
-Os debuxos poderán entregarse ata o Xoves Santo, 2 de abril.
-Os traballos deberán enviarse ao correo electrónico: juventudangustias@gmail.com
-A temática deberá estar relacionada coa Confraría das Angustias ou a Semana Santa da Confraría.
PREMIOS:
Primeiro premio: o debuxo será a imaxe oficial da felicitación de Pascua da Confraría + pack de merchandising.
Segundo premio: pack de merchandising.
Terceiro premio: pack de merchandising.
Ademais, os tres premiados recibirán un trofeo.
Todos os participantes obterán un diploma acreditativo de participación.
