Aínda que as cifras de visualizacións é menor que en anos anteriores, obviamente pola suspensión da maior parte das procesións, a canle de Youtube da Xunta de Confrarías e Irmandades sumou máis de 104.000 cos streamings e os vídeos curtos da Semana Santa deste 2025 -foron 124.000 o pasado ano-. Os datos que ofrecen tanto as redes sociais como a canle de Whatsapp e a web da Xunta seguen a ser moi positivos, e demostran unha vez máis o tirón da Paixón ferrolá.
Da análise dos datos correspondentes ao mes comprendido entre o 25 de marzo e o 25 de abril, extraemos os seguintes:
-Facebook: 7.857 seguidores / 533.300 visualizacións / 12.800 interaccións.
-Instagram: 4.234 seguidores / 596.700 visualizacións / 11.300 interaccións.
-TikTok: 1.905 seguidores / 108.000 visualizacións / 3.953 gústame; 325 veces compartido; 349 comentarios.
-Youtube: 2.681 seguidores / 104.596 visualizacións, 105.055 se sumamos as do streaming de presentación do cartel.
-Twitter: 1.208 seguidores / 26.390 impresións / 1.464 interaccións
Volveu ter grande acollida a canle de Whatsapp da Xunta de Confrarías como medio para informarse de todas as novidades durante a Semana Santa de Ferrol. Nas datas comprendidas entre o Domingo de Ramos e o de Resurrección chegou a superar os 2.400 seguidores. E aínda que parte deles deixaron de seguilo tras esas datas, cabe sinalar que máis de 2.100 seguen conectados, dado que a canle funciona ao longo de todo o ano e a través dela compártense as noticias das confrarías.
O tráfico na páxina web tamén se incrementou considerablemente durante a Semana Santa, en particular para consultar o procesionario. A dirección www.semanasantaferrol.com rexistrou 19.200 clics e 166.000 impresións durante o mes analizado.
A continuación ofrecemos as ligazóns ás diferentes redes sociais, nas que a Xunta de Confrarías segue publicando vídeos e fotografías da pasada Semana Santa, así como outras novidades relacionadas coas irmandades.
Canle de Youtube: https://www.youtube.com/@semanasantadeferrol1616/streams
Canle de Whastapp: https://whatsapp.com/channel/0029VaIa5w0HwXb8UUh2IA2g
Facebook: https://www.facebook.com/juntageneraldecofradias
Instagram: https://www.instagram.com/juntageneralcofradiasferrol/
Twitter: https://twitter.com/xunta_cofradias