Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

O Santuario das Angustias acollerá este ano a celebración da Candelaria

As tres confrarías penitenciais irmanadas de Ferrol, Angustias, Soidade e Mercé, celebrarán o próximo día 4 de febreiro a Candelaria. O acto litúrxico, que tradicionalmente organizan conxuntamente, realizarase este ano no Santuario de Esteiro, ás 20.30 horas.

Como é habitual, ao comezo da celebración levará a cabo a bendición das candeas que portarán os fieis. Trátase dunha celebración litúrxica que ten a súa orixe na presentación de Jesús no templo e que simboliza a súa presenza como luz do mundo.