Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Cambiosnos percorridos das procesións

Debido á antelación coa que se envía a imprenta o procesionario en papel da Semana Santa, este non puido recoller algúns cambios de última hora. Detallámolos a continuación, aínda que están xa actualizados nesta web, e nos próximos días incluiranse tamén nos mapas de Google de cada procesión, aos que se accede a través do QR dos procesionarios.

Domingo de Ramos, na procesión da Confraría de Dolores: Entrada Triunfal de Jesús.

Praza de Amboage, Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada.

 

Mércores Santo, na procesión da Virxe dos Cativos

Capela da Mercé, María, Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez, María e retirada na capela

Mércores Santo, na procesión da Penitencia da Confraría de Dolores.

Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez e retirada

 

Venres Santo, no Santo Encontro da Confraría de Dolores:

Ás 11.30h, o Nazareno vai por Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Rubalcava e Praza de Armas.

A procesión da Virxe de Dolores vai por Méndez Núñez, Real, Terra e Praza de Armas.

A procesión de volta: Praza de Armas, Terra, Méndez Núñez e retirada.