Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

As cinco confrarías incluirán algún tramo silencioso no seu procesionario

A Confraría da Mercé implantou por primeira vez nas súas saídas procesionais, na Semana Santa de Ferrol do pasado 2025, un tramo silencioso no que a música se detén. O xesto, que persegue facilitar o goce das procesións a persoas con diversidades cognitivas como o TEA (Trastorno do Espectro Autista), repetirase este ano por parte de todas as confrarías.

En total sete desfiles procesionais, entre eles todos os da tarde do Venres Santo, discorrerán en silencio no seu percorrido por unha mazá. Serán os seguintes:

Mércores Santo:

-Procesión da Nosa Señora dos Cativos e o Santísimo Cristo Redentor (Mercé), na rúa da Terra entre Magdalena e Real.

Xoves Santo:

-Procesión do Noso Pai Xesús da Humildade no Bico de Xudas (Mercé), na rúa Concepción Arenal, entre as rúas Magdalena e Real.

Venres Santo:

-Procesión do Crucificado (Mercé), na rúa Coruña, entre Magdalena e Real.

-Procesión do Santo Enterro (Santo Enterro), na rúa Rubalcava, entre Magdalena e Real.

-Procesión da Soidade (Soidade), na rúa Magdalena, entre Arce e San Diego.

-Procesión dos Caladiños (Dolores), na rúa da Terra, entre Magdalena e Real.

Sábado Santo:

-Procesión da Caridade e o Silencio (Angustias), na rúa Sánchez Barcáiztegui, entre Real e Magdalena.

Os procesionarios da Semana Santa de Ferrol 2026 incluirán esta información.