Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Actos polo 75 aniversario do Cristo dos Navegantes

A Confraría da Soledad e a parroquia do Socorro organizan unha serie de actos para conmemorar o 75 aniversario do Cristo dos Navegantes. Falamos da imaxe tallada polo compostelán Enrique Carballido, que procesiona o Mércores Santo desde o ano 1949. A máis antiga, que se conserva no interior da igrexa do Socorro, data do século XVI.

O programa de actos é o seguinte:

Luns Santo, 25 marzo, 19:00 horas na Sala Curuxeiras, conferencia sobre o Cristo do historiador Pedro Javier Rodríguez.

Martes Santo, 26 marzo, Acto litúrxico das 7 palabras.

Mércores Santo, 27 marzo, o Socorro abre ás 16:00 co Cristo en veneración, con besapiés ás 18:30 horas e misa ás 19:00 horas. Despois, saída ás 19:30 da procesión. Na entrada ao Arsenal pola Porta do Parque fan unha ‘ofrenda’ aos falecidos no mar. Despois, na chaira do Cuartel de Instrución haberá un monumento dunha cruz onde se rezará o primeiro capítulo do Via Crucis e tocarase “A Morte non é o final”.

Síguenos

Comparte