Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

A Luz de Belén chega este venres para iluminar os fogares ferroláns

A Delegación Episcopal de Confrarías e a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol organizan por terceiro ano consecutivo a celebración da LUZ DE BELÉN. A cita é este venres, día 20 de decembro, na igrexa do Socorro, ás 20.00.

Todos os confrades e en xeral calquera persoa que desexe asistir pode facelo, levando consigo unha vela ou un candil. A chama que durante todo o ano ilumina a gruta onde se produciu o Nacemento de Jesús chegará á igrexa do Socorro e será compartida cos asistentes, para que poidan levala aos seus fogares. Recoméndase levar a #ver dentro dalgún farol ou algún elemento que a protexa para garantir que chega a casa acesa.