O Grupo Xove da Confraría das Angustias organiza un ano máis o seu Escaparate Solidario, no que recollerá alimentos non perecedoiros con destino á Cociña Económica. Este ano, o punto de recollida estará no número 61 da rúa Real e funcionará entre o 2 de decembro e o 6 de xaneiro. .
No mesmo local inauguraranse á vez este venres, día 2 de decembro, o Escaparate Solidario e o Belén da Confraría das Angustias, que poderá visitarse tamén ata o 6 de xaneiro entre as 18.00 e as 20.30 horas. A montaxe do Nacemento realizouse baixo a dirección de Juan Manuel Vitoria Meizoso, coa colaboración do Grupo Xove e da propiedade do local comercial.
Os alimentos non perecedoiros que se recollan no Escaparate Solidario entregaranse á Cociña Económica