Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Sones Mariñeiros vaise a FIMO e transfórmase nunha feira de música confrade

A Agrupación Musical Nosa Señora do Carmen organiza para este sábado, 14 de marzo, o certame de bandas “Sones Mariñeiros”. Nesta ocasión, o evento desenvolverase nun novo formato e noutro escenario, no recinto de FIMO, onde se reunirán máis de 400 músicos de seis formacións de música confrade que se sucederán tocando para ofrecer máis de nove horas de música ininterrompida. A cita desenvolverase desde as 15.15h ata a madrugada.

“Sones Mariñeiros” configúrase como unha feira confrade e nela haberá casetas, presentacións de diferentes Semanas Santas, postos de restauración e zonas de lecer. O programa, que a AM Nosa Señora do Carmen impulsa con motivo do seu décimo aniversario, será conducido por Ramón Castro (de Onda Cero Santiago) e por Dani Ríos. Tras as actuacións das bandas e agrupacións de música confrade, celebrarase un fin de festa coa actuación do grupo local Zest e sesións de DJ Ar Estudos.

Xunto coa formación anfitrioa, a AM Nosa Señora do Carmen, participarán no certame a Banda Nazareno e Soledad, procedente de Astorga; a Sección Musical da Confraría da Beira Cruz, de Compostela; a Banda de Cornetas e Tambores O noso Pai Jesús Nazareno, de Ferrol, a Banda de Cornetas e Tambores Naval, de Viveiro, e a Agrupación Musical Nosa Señora do Nordés, de Ferrol.