Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Quinario e Vía Crucis de Dolores na honra do Cristo da Misericordia

A Confraría de Dolores informa da celebración do seu tradicional Quinario na honra do seu sagrado titular o Santísimo Cristo da Misericordia, que se celebrará os días 10, 11, 12, 13 e 14 de marzo, ás 19.00h, na súa sede canónica da praza de Amboage.

O director espiritual da irmandade, Antonio Rodríguez Basanta, presidirá as cinco funciones relixiosas, con quinario e santa misa a continuación.

O último día, o sábado 14 de marzo, celebrarase un Vía Crucis polas rúas do barrio da Magdalena, portando a emblemática imaxe de Manuel Romero Benítez.

A procesión sairá da igrexa de Dolores, onde se rezarán as catro primeiras estacións; continuará por Méndez Núñez e a rúa María (co rezo de dúas estacións na capela da Mercé); continuará polas rúas Arce e Magdalena (dúas estacións na Casa de Irmandade da propia confraría), seguirá por Sánchez Barcáiztegui e rúa Iglesia (rezaranse outras dúas estacións na concatedral de San Julián) e polas rúas Iglesia, Coruña, Real e Méndez Núñez, para facer a última parada na propia igrexa de Dolores, onde se rezarán as catro últimas estacións.