Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Septenario na honra da Santísima Virxe de Dolores, do 21 ao 27 de marzo

A Confraría de Dolores colgou xa o cartel do seu Solemne Septenario na honra da Santísima Virxe de Dolores, que se desenvolverá do 21 ao 27 de marzo e que terminará, de novo no chamado “Venres de Dolores”, cunha procesión da sacra titular da irmandade polas rúas contiguas á praza de Amboage. Durante os sete […]

Sones Mariñeiros vaise a FIMO e transfórmase nunha feira de música confrade

A Agrupación Musical Nosa Señora do Carmen organiza para este sábado, 14 de marzo, o certame de bandas “Sones Mariñeiros”. Nesta ocasión, o evento desenvolverase nun novo formato e noutro escenario, no recinto de FIMO, onde se reunirán máis de 400 músicos de seis formacións de música confrade que se sucederán tocando para ofrecer máis […]