Con motivo da celebración do Día da Caridade, desde Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, o sábado 6 de xuño organízase a V edición da Andaina Solidaria Memorial Carmela Primo, co obxecto de visibilizar e captar fondos para cumprir o compromiso de Cáritas en defensa dos dereitos básicos das persoas máis vulnerables, acompañando dende os distintos programas da entidade: persoas maiores en situación de soidade, familias e infancia en situación de exclusión social, atención a persoas en situación de sen fogar, acollida e acompañamento nas Cáritas Parroquiais, fomento de emprego e formación
Desde a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Ferrol invitamos a participar na iniciativa, adquirindo un dorsal polo prezo de 8 euros. Tamén podedes colaborar na misión de Cáritas Diocesana comprando os dorsais de xeito solidario, sen ir a camiñar o día 6. Unha vez realizada a inscrición nesta páxina, achegarase un ou varios dorsais ao enderezo electrónico. O pago dos dorsais pode facerse en efectivo en calquera das Cáritas Parroquiais ou en Cáritas Diocesana. Tamén pode facerse por tarxeta bancaria no seguinte enlace https://www.caritas.es/mondonedoferrol/ ou no Bizum 38378 (clicando en “facer donativo”)
Coa adquisición e pago do dorsal regalarase unha camiseta que se entregará o venres 5 de xuño, en horario de 10:00 h a 20:00 h, na tenda de Moda-Re sita na 1ª planta do centro comercial de ODEÓN (Narón)
Lémbrase que, dacordo coa lexislación vixente, das cantidades que se satisfagan en concepto de doazón a Cáritas, Facenda devolve o 80% dos primeiros 250 euros.
Formulario de inscrición: pincha aquí
