Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Solemne traslado do Cristo da Boa Morte, o Sábado de Paixón

A Confraría da Soledad anuncia para o día 28 de marzo o Solemne Traslado do Santísimo Cristo da Boa Morte desde a concatedral de San Xiao ata a capela da Orde Terceira. Celebrarase, no chamado Sábado de Paixón, unha eucaristía ás 11.00h, na concatedral, antes de iniciar o traslado.

O percorrido irá polas rúas Iglesia, Sánchez Barcáiztegui e Real, ata chegar á capela terciaria.