Desde hoxe, martes día 12, a sede da Xunta de Confrarías e Irmandades, na rúa Magdalena 224, funciona como punto de información sobre a Semana Santa de Ferrol. Alí repártense tamén @gratuitamente os procesionarios, así como a revista Ecce Homo, de martes a sábados, entre as 11.30 e as 14.00h.
Este horario de apertura manterase ata o día 23 de marzo.
Infórmase, ademais, que o Museo da Semana Santa xa pechou as súas portas. É habitual que a exposición se clausure temporalmente cada ano, desde datas anteriores á Semana Santa, porque as confrarías retiran pezas que forman parte das procesións. Nesta ocasión, ademais, van realizar unhas obras de mantemento.
Lémbrase que a revista Ecce Homo pode descargarse a través da web: https://semanasantaferrol.com/revista-ecce-homo/