Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Pregón da Semana Santa de Ferrol 2023

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades celebrará o vindeiro sábado día 25 de marzo, ás 20.00 horas no Jofre, o acto de lectura do pregón da Semana Santa de Ferrol.

O escritor Ramón Loureiro será o encargado de falar da Paixón ferrolá neste acto, no que tamén a Xunta de Confrarías entregará a súa Medalla de Ouro á anterior Coordinadora, cando se cumpre o 30 aniversario da súa constitución. O recoñecemento será para Mario Villaamil (a título póstumo, acudirán os seus familiares), Félix Sande e Meca Arcos, as persoas que estiveron á fronte da entidade naquela etapa.

O acto terminará cun pequeno recital da Banda de Cornetas e Tambores do Santísimo Cristo da Vitoria de León, unha formación de referencia no mundo da música confrade.

As localidades para asistir repártense @gratuitamente no despacho de billetes do teatro Jofre.

O acto poderá seguirse tamén por streaming, a través da canle da Xunta de Confrarías en Youtube: https://www.youtube.com/@juntadecofradiassemanasant452