A Confraría das Angustias celebrará o próximo 31 de maio, domingo, a festa da Patroa de Esteiro, a Virxe das Angustias. A misa será ás 12.00 e posteriormente sairá a procesión coa imaxe sobre andas, que realizará un percorrido polas rúas do barrio. É esta unha procesión de larguísima tradición -descoñécese o ano exacto no que se iniciou, pero polo menos desde a refundación da irmandade no século XVIII- e que sempre se celebra no domingo anterior ao de Corpus Christi.
Desde a irmandade invítase a todos os confrades a participar nos actos, e chama a aqueles que estean interesados en portar á Virxe (maiores de 16 anos) ou algún dos aveños para apuntarse na oficina, en horario 18.30 a 20.30 os martes ou xoves, ou ben chamando ao teléfono da confraría.
Lembran tamén desde a confraría que este xoves é o último día para acudir a devolver os hábitos procesionais.
