Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

O Museo da Semana Santa inaugura o horario de inverno

OMuseo da Semana Santa de Ferrol recibiu durante este verán -desde o primeiro de xullo ata estes últimos días de setembro- máis de 400 visitantes, procedentes de diferentes puntos da xeografía española e mesmo de fóra.

Así, xunto a persoas de Madrid e de varios lugares de Andalucía, así como de Galicia e Asturias -que son os puntos de orixe máis frecuentes- houbo algunhas visitas de Reino Unido e Italia. s.

A exposición permanente, á que se accede desde os xardíns de San Francisco, varía lixeiramente o seu horario a partir do 1 de outubro, ata finais de abril. Nestes meses funcionará de 10.00 a 14.00 de martes a domingos e de 16.30 a 19.00 horas de martes a sábados.
Entre outras incorporacións, os fondos da exposición contan agoracoa Virxe do Carme -que se ben non forma parte da Semana Santa, é propiedade da Xunta de Confrarías e protagoniza unha procesión de gloria-, así como co novo San Xoán Evanxelista da Confraría de Dolores.

Síguenos

Comparte