O cine Dúplex de Ferrol proxectará a película “Madre ven” o vindeiro día 12 de decembro, ás 19.45 horas. Será un pase único, que se programa en colaboración coaa Confraría da Mercé e que será presentada polos seus impulsores.
A peregrinación Madre ven rememorou a visita da Virxe María ao Apóstolo Santiago no ano 40, desde a súa casa de Éfeso ata as orillas do Ebro. A peregrinación , que coincidiu co Ano Xacobeo, discurriu por Galicia entre o 9 e o 23 de agosto do ano 2021. Entre outras paradas, a imaxe de María Inmaculada estivo na capela da Mercé, sede canónica da Confraría da Mercé.
Sinopsis da película:
No seu 80 cumpreanos, Tato atopa unhas vellas fotografías dunha peregrinación mariana. Este achado reavivará as súas lembranzas e provocará un envorco na complicada situación da súa familia. ‘Madre Ven’ foi un evento sen precedentes en España. En plena pospandemia da COVD-19, unha imaxe de María Inmaculada recorreu 10.000 kilómetros durante seis meses ao longo dunha gran parte do país. Miles de persoas acompañaron á Virxen e moitos afirman que sentiron a súa presenza real, ofrecéndolles luz e esperanza en momentos difíciles.
A través deste link podedes ver o trailer da película: https://youtu.be/f1hm1Pxy4oQ
- Título orixinal: Madre ven
- Ano: 2022
- Duración: 106 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Andrés Garrigó, Pablo Moreno
- Guión: Pablo Moreno, Josepmaria Anglès, Josemaría Muñoz
- Elenco: Juan Lombardero, Marta Romero, Javier Lorenzo, Cristina Mediero, Laura Contreras, Antonio Reyes, Emilio Linder, Lourdes Cort
- Fotografía: Ismael Durán, Rubén D. Ortega
- Distribuidora: European Dreams Factory
As entradas xa están á venda -de feito xa hai localidades reservadas- en venda online: https://www.duplexcinema.com/gl/entradas/madre-ven/5441/sala