Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

As bandas e agrupacións de música confrade abren as súas portas

Do mesmo xeito que fixeron as confrarías, as bandas e agrupacións de música confrade da cidade de Ferrol abren as portas a novas inscricións. Despois de Semana Santa todas anuncian a través das súas redes sociais que están dispostas a recibir novos compoñentes, así que reunimos aquí a información para quen desexe incorporarse a unha delas.

Agrupación Musical Nosa Señora do Nordés (OJE)

A formación retomou os ensaios o pasado día 10 de maio e convida a quen o desexe a acudir a un deles e probar o instrumento que máis lles guste. Teñen o seu local na Estrada de Castela 58-64 baixo C.

Banda de Cornetas e Tambores Noso Pai Xesús Nazareno

A que para moitos segue a ser “Banda Ferrol” reúnese para realizar os seus ensaios nun local situado nos baixos do estadio da Malata. Tamén convocou recentemente, o pasado 6 de maio, a quen quixese incorporarse. O seu mail é ccttnazarenoferrol@gmail.com.

Banda de Cornetas, Gaitas e Tambores Nosa Señora das Angustias

A formación ligada á confraría de Esteiro cumpre o próximo 31 de maio 41 anos de existencia. Como o resto das formacións de música confrade, convidan a quen non saiban tocar un instrumento para achegarse e probar. Pódese contactar por mail na dirección banda@cofradiadelasangustias.com ou ben a través da Confraría das Angustias.

Acotaga

A banda Acotaga ensaia nun local situado no edificio do antigo hospicio. Para sumarse a esta formación, as persoas interesadas poden chamar ao número 639 236 959 ou ben escribir un mail a presidencia.acotaga@gmail.com.

Agrupación Musical Virxe da Amargura

A formación lembra a través das súas redes sociais que ten as portas abertas e que non fai falta experiencia previa nin tampouco posuír un instrumento. Recentemente celebrou unha reunión coas novas incorporacións, aínda os interesados en sumarse poden contactar a través de redes sociais; por mail a amarguraferrol@gmail.com ou ben chamando aos teléfonos 698 174660 ou 616 630044.

Agrupación Musical Nosa Señora do Carmen

Os “mariñeiros da fe” tamén están abertos a novas incorporacións. As persoas interesadas están convidadas a pasarse por un dos ensaios ou chamar ao 646 936 906.

Agrupación Musical Santísimo Cristo da Boa Morte
O grupo celebrou un ensaio de portas abertas o pasado día 9 no pavillón de San Rosendo, en Canido. Seguen as portas abertas, calquera interesado pode chamar ao número 649 555778.

Na sección de Bandas e Agrupacións da nosa web podes obter máis información de cada unha delas: https://semanasantaferrol.com/bandas-e-agrupacions/