Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Manto da Nosa Señora dos Cautivos

O manto exposto aquí foi unha doazón realizada por unha devota á Virxe dos Cativos, propiedade da Confraría da Mercé. A peza, de veludo branco, foi bordada por Isabel Saavedra e estreada pola imaxe na Semana Santa de 2014.

A nosa Señora dos Cativos é unha imaxe de vestir realizada a tamaño natural, tallada en madeira de cedro e policromada ao óleo. Polas súas fazulas caen dúas bágoas de cristal, mentres os seus ollos marróns realizados en vidro ven enmarcados por pestanas de pelo natural. En marzo de 2012 procedeuse a bendicir a imaxe na súa capela da Mercé de Ferrol, de onde saíu en procesión na tarde noite do Mércores Santo. Procesiona sobre un trono realizado por D. Cándido Hermida.

Esta imaxe saía co manto que pertenceu no seu día á Virxe Branca. Na Semana Santa do ano 2014 estreou o manto exposto no Museo e en 2016 estreou unha nova coroa.