Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

O bispo presidirá este venres a misa de réquiem da Irmandade do Santo Enterro

A Irmandade do Santo Enterro celebrará este venres, día 6 de novembro, a súa tradicional misa de réquiem cunha especial solemnidade coincidindo co ano do seu 75 aniversario.

A concatedral de San Xiao acollerá a misa a las 20.00h. Estará presidida polo bispo diocesano, Fernando García Cadiñanos, e acompañada musicalmente pola Coral Polifónica Ferrolá “A Magdalena”.

Ao terminar a celebración relixiosa, a coral ofrecerá un pequeno concerto no que interpretarán dúas pezas máis, alén de las que inclúen no programa previsto para o desenvolvemento da misa. Ambas as composicións son de M. Duruflé, “Nôtre Père” e “Ubi caritas”.

Por outra banda, lembramos que as confrarías de la Soidade, a Mercé e Dolores tamén programaron as súas misas de defuntos. Hoxe día 3, a las 19.00h, será la da Confraría de la Soledad. O sábado día 7, a las 19.00h, celebrarase la da Confraría da Mercé. E o domingo 8 terá lugar la da Confraría de Dolores, a las 19.00h.