Junta General de
Cofradías y Hermandades

SEMANA SANTA DE FERROL

Concurso de debuxo do Grupo Xove da Confraría das Angustias

O Grupo Xove da Confraría das Angustias convocou un concurso de debuxo para nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade. O tema é a propia irmandade e a Semana Santa de Ferrol e o prazo de presentación de traballo está aberto ata o 25 de marzo.

Os debuxos presentaranse en tamaño cuartilla (A5) e deberán enviarse por mail a concurso@cofradiadelasangustias.com, incluíndo nome, data de nacemento e un teléfono de contacto de pais ou titores.

O xurado estará formado por membros da Confraría, seleccionados pola vogal de Mocidade e actual coordinadora do Grupo Xove. O debuxo gañador será utilizado na felicitación de Pascua da irmandade este ano e o seu autor recibirá un agasallo o Sábado Santo. Ademais, todos os participantes recibirán un diploma pola súa participación.

Para participar non é necesario pertencer á Confraría.