A Asociación de Veciños de Ferrol Vello organiza a segunda edición do Concurso de Beléns Alfredo Martín, co que se pretende impulsar esta afección que en Ferrol estará para sempre ligada ao creador do Belén da Orde Terceira. Fixérae unha primeira edición en 2018, no mesmo ano do falecemento de Alfredo Martín, e o evento volve agora para reivindicar o seu legado e promover un costume que ten a súa orixe en San Francisco de Asís, o primeiro belenista.
No concurso hai dúas categorías, a dos beléns familiares que se atopan nos domicilios particulares e a dos que impulsan asociacións, colectivos… e que están expostos ao público. Quen desexe participar teñen ata o 18 de decembro para inscribirse, chamando ao número 620 599 403.
O xurado percorrerá as diferentes montaxes entre os días 22 e 23. Haberá un premio en cada categoría e leste consistirá nun trofeo e algún obsequio.